

18 FESTA DA FAMILIA, Feliz Cumple.
Estimadas veciñas e veciños: O vindeiro 22 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA. Este ano é un ano especial xa que a nosa festa máis querida e importante cumpre a maioría de idade. Xa son 18 anos celebrando xuntos esta gran romaría familiar onde convertemos a Carballeira de Berdeogas nan gran casa onde todo o mundo é benvido. Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar deste gran aniv


"REFLEXOS DE DUMBRÍA", Presentación da Exposición Fotográfica de Santi Garrido.
O vindeiro xoves, 21 de xuño ás 20:00 h., terá lugar nas instalacións municipais do Conco a presentación da exposición fotográfica Reflexos de Dumbría. Trátase dunha pequena recopilación das moitas imaxes que Santiago Garrido, xornalista de La Voz de Galicia, ten feito do noso concello. A través destas fotografías, Santiago, ben seguro, vainos sorprender e descubrir recunchos da nosa terra descoñecidos para moitos. Vainos sorprender con reflexos da Dumbría máis coñecida e tam


Presentación da primeira novela de Noelia Castro "En brazos de otro amor".
O venres 22 de xuño terá lugar nas instalacións do Conco a presentación da primeira novela de Noelia Castro, veciña de Buxantes. Trátase dunha novela romántica ambientada no século XIX e titulada En brazos de otro amor. Convidámosvos a todos e todas a que a acompañedes ese día. DATOS BIOGRÁFICOS > Noelia Castro Lourido (Anseán, Dumbría, 1979) acaba de publicar a súa primeira obra titulada "En brazos de otro amor". Escritora afeccionada, publicaba as súas historias na rede soc


PARABÉNS DUMBRÍA, un ano máis a nosa fermosa praia ten Bandeira Azul 2018
Un ano máis nosa FERMOSA Praia do Ézaro, consegue a Bandeira Azul 2018, que a distingue pola calidade das augas, os servizos que presta e a súa limpeza. Un recoñecemento o traballo ben feito e un reclamo para os visitantes que desexen descobrir a nosa praia. Hoxe recollemos a Bandeira Azul que lle foi concedida un ano máis á praia do Ézaro. Xunto co alcalde de Dumbría, o presidente da Xunta de Galicia, a conselleira de Medio Ambiente, o vicepresidente da asociación que conced


Actividades deportivas e culturais nas instalacións do Conco Verán 2018
Durante os meses de xullo e agosto desenvolverase o programa de actividades estivais adicadas a nenos e nenas a partir dos 5 anos. Polas mañás, entre as 11 e as 13 h, realizaranse actividades deportivas e culturais nas instalacións do Conco. Para participar débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño. + CÓMODO Descarga a autorización en PDF neste enlace PROGRAMA > Xullo e agosto.


Festa Infantil Fin de Curso 2018
O verán está chamando á porta así que imos recibilo como toca, e coma tódolos anos temos algo especial para os nosos cativos. Para ir abrindo boca, o martes 26 de xuño, entre as 11:00 e as 17:00 horas, celebraremos unha festa infantil de fin de curso no areal do Ézaro. Nela poden participar todos os nenos e nenas do concello, a partir dos 4 anos. Para iso débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais a


Campamentos Deportivos de Verán 2018
Que mellor combinación que Veran + Amigos + Deporte. Apúntate os Campamentos Deportivos de Verán, da Deputación da Coruña e vivirás un verán inolvidable. Descargate nos seguintes enlaces o cartel e o programa dos campamentos. + CÓMODO Descarga o Cartel en PDF neste enlace + CÓMODO Descarga o Programa en PDF neste enlace