Festa Infantil Fin de Curso 2018
O verán está chamando á porta así que imos recibilo como toca, e coma tódolos anos temos algo especial para os nosos cativos.
Para ir abrindo boca, o martes 26 de xuño, entre as 11:00 e as 17:00 horas, celebraremos unha festa infantil de fin de curso no areal do Ézaro.
Nela poden participar todos os nenos e nenas do concello, a partir dos 4 anos.
Para iso débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

PROGRAMA
> Martes 26 xuño 2018 na praia do Ézaro.
> Das 11:00 ás 17:00 h.
> Actividades deportivas
> Xogos na praia
> Xogos populares,...
> Xantar para os peques.
> Haberá servizo de transporte.
+ ADEMAIS
Apartir das 11:00 h no paseo marítimo do Ézaro ven desfrutar das actuacións enmarcadas no programa Cultura no Camiño 2018. (Entrada libre)
Saaabor!, Para todos os públicos. Espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.
A Historia de Brancaflor, Lenda popular de Brancaflor-filla do Demo. Unha historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.
