18 FESTA DA FAMILIA, Feliz Cumple.
Estimadas veciñas e veciños: O vindeiro 22 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.
Este ano é un ano especial xa que a nosa festa máis querida e importante cumpre a maioría de idade.
Xa son 18 anos celebrando xuntos esta gran romaría familiar onde convertemos a Carballeira de Berdeogas nan gran casa onde todo o mundo é benvido.
Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar deste gran aniversario, e a aqueles que nos visiten por primeira vez agardámolos cheos de desexos e alegría.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa.
José M. Pequeño Castro
Alcalde de Dumbría
PROGRAMA
> 12:30 h Misa ó aire libre.
> SESIÓN VERMOUTH. Orquestra “PONTEVEDRA”
> XOGOS INFANTILES
> XANTAR Ó AIRE LIBRE: Empanada, churrasco, pan e viño (10 euros).
ACTUACIÓNS
> Pandereteiras “PEDRA XESTEIRA”
da Asociacion As Neves de Buxantes.
> “GAITEIROS DE BUXANTES”
> Grupo Folclórico “O VERÁN”
> Fin de festa coas Orquestras “PONTEVEDRA” e “PALLADIUM”
"Ó igual que nas pasadas edicións, podedes adquiri-los tickets para a comida e reservar mesa nas oficinas municipais, antes o día 20 de xullo".