

19 FESTA DA FAMILIA, prepara o mantel!!!
Estimadas veciñas e veciños: Convídovos a todos e a todas a que vaiades preparando os manteis para o vindeiro 21 de xullo, onde volveremos a xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA. Espero que, un ano máis, a nosa fermosa Carballeira de Berdeogas luza chea de cores e mesas repletas de alegría e diversión. Esta segue sendo unha gran romaría familiar, xa coñecida pola súa hospitalidade, onde todo o mundo é benvido e onde nos encanta compartir o e


Curso de Iniciación e Perfeccionamento de Volei Praia 2019
Ven descobrir este apaixoante deporte o aire libre. Idades: nenas e nenos a partir de 10 anos e tamén adultos Meses: Xullo e Agosto Días: Luns, martes e xoves. Horarios: nenas e nenos de mañá, de 11:00- 13:30 h Prezos: 1 mes: 40 euros // 2 meses 70 Euros Podes contactar para máis información con: David: 692 555 784 Néstor: 603 895 558


Actividades deportivas e culturais e Piscina nas instalacións do Conco Verán 2019
Durante os meses de xullo e agosto desenvolverase o programa de actividades estivais adicadas a nenos e nenas a partir dos 5 anos. Polas mañás, entre as 11 e as 13 h, realizaranse actividades deportivas e culturais nas instalacións do Conco. Para participar débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño. PISCINA Durante os meses de xullo e agosto, o concello pon a piscina municipal