

VI CICLOCROSS TERRAS DO VÁKNER, DUMBRÍA.
Coma cada ano, o Concello de Dumbría xunto coa colaboración do club ciclista Dumbría, organizan conxuntamente a tradicional proba da Copa de Galicia de ciclocross. A COPA GALICIA DE CICLOCRÓS é un conxunto de competicións cuxas diferentes probas atópanse incluidas no calendario oficial da FGC, cuxa titularidade é propiedade exclusiva da FGC. As probas se celebran en diferentes datas e sedes o longo da tempada 2019/20, establecéndose unha clasificación final como consecuencia


DESFRUTA E COMPARTE O AUDIOVISUAL DO VÁKNER.
Uns feitos documentados polo historiador Antón Pombo, cunha música de luxo a cargo de Luar Na Lubre, co actor Marcelino Lobato como protagonista e, na voz, Jorge Santos. Producido por Galopublicidad. GRAZAS POR TODO! O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR. COIDA OS TEUS PASOS POLO SEU TERRITORIO. Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo


GRAZAS POR TODO! O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR.
Querémosvos dar as GRAZAS a todos e todas, por facer maxia unha vez máis en Dumbría. Grazas polo éxito acadado nas xornadas celebradas esta fin de semana sobre o Territorio Vákner. Unhas xornadas nas que contamos cunha grande participación e interese polo novo proxecto que acaba de nacer. Nestas xornadas contamos con interesantes relatorios da man de estudosos de grande prestixio, coordinados polo historiador Antón Pombo. Gozamos dunha música de luxo a cargo de Luar Na Lubre,