

OPEN PESCA DENDE KAYAK SEN MORTE 28-29 DE ABRIL
O Club de Pesca Deportiva Cíes en colaboración co Concello de Dumbría celebra os días 28 e 29 de abril un evento relacionado co mundo da pesca en kaiak na contorna da Fervenza do Ézaro combinando unha pesca deportiva responsable ao realizar unha proba de pesca captura e solta e unha promoción turística da zona ao contar con asistentes tanto da nosa Comunidade como de Comunidades tan distantes como País Vasco, Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela ou desde


+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros e Actividades nas Bibliotecas 2018
Benvido/a ás xornadas de obradoiros e actividades nas bibliotecas do Concello de Dumbría. Dende o 21 de abril ata o 19 de maio durante tódolos sábados, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes marabillosos espazos públicos dende outra perspectiva. Durante estes días poderás participar de espectáculos de maxia, títeres e obradoiros de cociña e manualidades. As bibliotecas en Dumbría so


X Open Internacional de Pesca a Mosca por Parellas Río Xallas.
O Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría e os patrocinadores, organizan o X Open Internacional de pesca a mosca por parellas Río Xallas. O Open de pesca a mosca por parellas Río Xallas converteuse nun dos eventos con máis prestixo a nivel Nacional e Internacional, e ano tras ano son máis as parellas que queren participar deste evento, cunha gran lista de espera. O Open celebrarase os días 13 e 14 de abril, nunha paisaxe incomparable, que destaca por ser un e


Fervenza do Ézaro, iluminación ponte de Abril - Maio 2018
A Semana Santa xa rematou, pero aínda falta moito para o verán. Por este motivo, a Fervenza do Ézaro volverase iluminar previa tempada de verán, como datas extra durante a ponte de abril-maio. Luces de cores que dan forma ás rochas, espertando as lendas do lugar. Poderás contemplar este espectáculo en primeira fila, dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza. Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte.


A praga da pataca REUNIÓN INFORMATIVA
Con motivo da declaración por parte da Consellería de Medio Rural de varias parroquias do concello de Dumbría como zona tampón demarcada pola presenza da praga de corentena denominada couza guatemalteca da pataca declarada en todo o término municipal de Muxía, convócase a tódolos veciños e veciñas do concello a unha reunión informativa, con asistencia de técnicos da Consellería, para informar da situación e medidas que hai que adoptar no concello de Dumbría. DÍA > Xoves 5 de


Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola (I.T.V.) trasladarase a este Concello nos meses de ABRIL e MAIO para prestar o servizo de Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Dumbría e Olveira os seguintes días: DUMBRÍA > 27 e 30 de abril > Praza do Conco DUMBRIA > 2 de maio > Praza do Conco OLVEIRA > 3, 4 e 7 de maio > Centro Social e Cultural de Olveira As inspeccións realizaranse no seguinte horario: MAÑÁ > 9:00 a 13:30 horas