Dumbría en Sportur Galicia 2018.
O Concello de Dumbría participa en Sportur Galicia, o salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra en Ourense, os días 15, 16 e 17 de novembro. Esta feira é un evento destinado a tódolos públicos, tanto para deportistas, afecionados ou principiantes, coma para maiores e nenos.
Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte e coñecer de primeira man un sinfin de actividades Turístico - Deportivas.
O interese de Dumbría neste evento, e dar a coñecer as ofertas turísticas e deportivas do Concello así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades para chegar as súas ofertas a unha maior cantidade de público.
Para acadar estes obxetivos, o alcade en persoa José Manuel Pequeño Castro, desprázase o evento para establecer relacións cos diferentes participantes e visitantes; así como para establecer reunións de traballo coas diferentes persoalidades e representantes do mundo deportivo e turístico.
A fin de continuar ca labor de posicionamento do Concello de Dumbría e da Costa da Morte no sector turístico coma unha grande referencia e opción para particulares e operadores.
Ademáis este ano presentou “Siente Dumbría” un video promocional do Concello de Dumbría, onde de forma evocadora poderemos facer un percorrido polas distintas actividades turístico deportivas para gozar no concello. É un spot de minuto e medio cheo de máxia e motivación. Un resumo audivisual do turismo activo en Dumbría. Pódese ver no canal de youtube de Dumbría e Cultura.