top of page

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE - DUMBRÍA.

 

OBXECTIVOS PERSEGUIDOS E RESULTADOS ACADADOS OBXECTIVOS PERSEGUIDOS

A actuación proposta, entre outros obxectivos, ten como finalidade dar cumprimento a un dos compromisos adquiridos polo propio Concello no momento en que asinou a adhesión ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía. Ademais, coa elaboración do PACES, o concello tamén se compromete á redución das emisións de CO2 nun mínimo dun 40% no seu territorio para o ano 2030 respecto ao ano de referencia. Para isto, foi preciso cuantificar as emisións no ano de referencia e analizar as opcións de adaptación posibles para acadar a citada redución, e así seleccionar as medidas a tomar.

En liñas xerais, as acción ao cambio climático neste plan están relacionadas coas seguintes medidas:

  • Identificación e análise das melloras tecnolóxicas que promovan a implantación de instalación de xeración de enerxías máis resilientes, eficientes e adaptadas.

  • Creación dun plan de movilidade sostible.

  • Investigación e desenvolvemento sobre os potenciais impactos do cambio climático en posibles riscos de inundacións, tormentas, olas de calor e sequía, incendios, etc.

  • Creación do plan de contención de incendios.

  • Xestión dos riscos de incendios.

  • Xestión dos riscos de sequía.

  • Ampliación e actualizacióndo coñecemento sobre impactos e riscos climáticos e medidas de adaptación no sector forestal, a caza, a pesca e a loita contra a desertización.

  • Ampliación e actualización do coñecemento sobre impactos, riscos e adaptación aos principais cultivos, especies gandeiras, pesquerías, acuicultura e no sistema alimentario, tendo en conta as proxeccións climáticas.

  • Mellora da capacidade adaptativa da infraestructura verde.

  • Restauración paisaxística e/ou reforestación.

  • Actuacións preventivas frente aos efectos do cambio climático na saúde do persoal laboral.

RESULTADOS ACADADOS

Tódalas medidas/accións propostas no plan prevén que o municipio de Dumbría reduza as emisión de CO2 nun 40% ata o ano 2030, tendo como ano de referencia o ano 2016. Esto significa que as emisión de Dumbría en 2030 non deberán superar 9145/TecCO2/ano. Isto non significa que sexan termos absolutos, senon que requiren unha evaluación/corrección no momento de aplicación e/ou monitoreo das medidas de mitigación e aplicación para o cambio climático.

As medidas/accións de mitigación e adaptación ao cambio climático suxeridas neste plan contemplan como sectores clave os edificios e instalaccións municipais, os edificios, equipamentos e instalación residenciais, o alumeado público e os transportes.

Os transportes privados e instalacións residenciais son os principais responsables das emisión municipais, así que, ainda que a intervención direta da administración local nestes sectores sexa limitada, é onde se necesitan medidas/accións máis efectivas. Polo tanto o resultado apunta un gran reto para o municipio nos sectores privados.

Fíxose unha simulación direta de reducción de emisión relacionados coa enerxía ata o ano 2030. Dos sectores non relacionados coa enerxía, os residuos sólidos urbanos, é o sector no que as medidas/accións ademáis de reducir as emisións de GEI son potencialmente importantes para a formación dunha conciencia crítica e adopción de novos modelos de consumo máis sostibles. No caso de Dumbría, as medidas/accions propostas ademáis de impulsala reciclaxe, poden representar unha unha disminución de aproximadamente un 30%do verquido.

Desta maneira, Dumbría comprométese a adherirse ao Pacto dos Alcaldes, presentar este plan de acción de mitigación e adaptación ao cambio climático, co obxectivo de reducir as emisións locais no campo enerxético. E, por medio das súas medidas/acción, pretende construir un modelo de desenvolvemento territorial orientada a previsións, proxectos e intervención capaces de convertelo municipio nunha cidade resistente ao cambio climático, e que permita a súa poboación acceder a enerxías máis seguras, sotibles e asequibles.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 


Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page