CORONAVIRUS - Axudas a familias do alumnado.
Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo.
NORMATIVA
Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG no 62 do 30/3/2020) ED601B.
OBXECTO
Establecer unha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e na ESO.
O outorgamento das axudas realízase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.
IMPORTE DAS AXUDAS
Consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
Tendo en conta que o importe máximo do prezo público de comedor ou tarifa se fixa en 4,50 euros por menú e día, e que neste concepto se inclúen no só os custos da materia prima senón tamén os do persoal da consellería, consumos e mantemento de instalacións, que continúa a aboar, ou, se é o caso, do persoal de empresas alleas, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de 2,50 €, nos casos de gratuidade total, e 1,50 € nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer 1 € pola prestación do servizo.
Compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.
En consecuencia, aínda que se realizarán en dous libramentos, compútase un total de 28 días lectivos para os efectos de cuantificar o importe global dos créditos orzamentarios precisos para atender as compensacións.
O 1o período de libramento corresponderase cos días lectivos afectados pola suspensión da actividade educativa na primeira a e segunda prórroga de emerxencia sanitaria e alarma.
O 2o libramento corresponderase cos días lectivos afectados por unha eventual terceira prórroga, no caso de que finalmente se adoptase tal medida.
BENEFICIARIAS
As familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.
LUGAR DE PRESENTACIÓN
Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.
Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do: https://matiass.xunta.es
Axudas a familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor durante a suspensión do servizo solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.
A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público, identificará o solicitante en nome da familia e o alumnado comensal e conterá información da conta corrente onde realizar o ingreso da compensación.
Habilitaranse os mecanismos de cifrado suficiente para que os datos transmitidos teñan a correcta protección de datos.
PRAZO
Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial que comezará o 31 de marzo e rematará o 6 de abril ambos os dous incluídos.
. O prazo máximo para resolver será de 10 días desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
+ INFO:
Oficinas Municipais
981 744 001