top of page

Certificado de profesionalidade de nivel 3: Coordinación de Servizos de Socorrismo en Instalacións e

Dentro do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:

COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio)

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección e unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañan, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo de inscrición péchase o próximo MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.

Máis información nas oficinas municipais, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou chamando o 981 744 001

 

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page