20 FESTA DA FAMILIA, estamos de volta!!!
Estimadas veciñas e veciños:
O vindeiro 31 de xullo na Carballeira de Berdeogas volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.
Este ano é un ano especial xa que a nosa festa máis querida e importante quedou en repouso durante dous anos.
Por iso este ano vai ser tan especial unha gran festa veciñal chea de amor unha gran romaría familiar onde convertemos a Carballeira de Berdeogas na gran casa onde todo o mundo é benvido.
Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar deste reencontro e aqueles que nos visiten por primeira vez agardámolos cheos de desesexos de alegría.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa a todos.
José M. Pequeño Castro
Alcalde de Dumbría
PROGRAMA
> SESIÓN VERMÚ: Orquestra “RITMO XOVEN”
> XOGOS INFANTÍS
> XANTAR NA CARBALLEIRA
> PULPEIRA na que se poderán comprar diversas racións.
Igualmente como en anos anteriores cada grupo tamén poderá levar a súa propia comida.
ACTUACIÓNS
> BANDA DE GAITAS INVERNÍA
> CHARANGA O RUMBO
> GAITEIROS FLOR DO TOXO
> AGRUPACIÓN CORAL CHAN DAS LAMAS
> A partir das 18:00 horas
. Grupo GARIBALDI
. Orquestra RITMO XOVEN
No concello non se dispensarán tickets SÓ SE RESERVARÁ A MESA "Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, antes do día 28 de xullo".
Commentaires