top of page

PROGRAMACIÓN NADAL 2023/2024


 




Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar.



Do 15 ao 21 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática. Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.


> Tamén teremos obradoiros infantís de manualidades e ata unha scape room na biblioteca.

Faranse quendas para que todos/as poidan participar.


> Teremos actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.


> Organizamos unha Festa Infantil no Conco con moitas sorpresas. Haberá xogos, obradoiros de manualidades, pintacaras, globoflexia, risas e diversión.


Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.


Podes descargar aquí a solicitude:


> E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.


 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Comments


Recientes

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page