PROGRAMACIÓN NADAL 2021/2022

 


Ao longo desta semana, Papá Noel falará con todos os nenos e nenas que asisten ás clases de informática nas diferentes Casas Culturais.

> Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.
> Nas Casas Culturais atoparedes caixas de correo nas que depositar as vosas cartas a Papá Noel, o Alpalpador, ou os Reis Magos.
> A partir da vindeira semana levaranse a cabo obradoiros de cociña e manualidades infantís. Realizaranse en quendas e grupos pequenos.
> Tamén teremos música, maxia, títeres e contacontos.
> A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.
> OLLO! Os aforos estarán limitados en todas as actividades, con preferencia de entrada para o público infantil.

Será obrigatorio o uso de máscara en todas elas.
#DumbríaéCultura #Dumbría

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Recientes

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon