OBRAS DE MELLORA DE VIARIO EN VILAFERNÁNDEZ E FILGUEIRA
PLAN MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2023-2024
Obras de mellora de viario en Vilafernández e outro
O proxecto recolle 2 actuacións de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas:
Mellora do viario en Vilafernández
Descrición: Superficie 3.785 m2
As obras que contempla esta actuación están encamiñadas á mellora da capa de rodaxe dun viario no núcleo de Vilafernández (9 hab. no 2022 segundo o INE) Procederase á limpeza de gabias en ámbalas marxes. Co fin de mellorar a capa de rodaxe executarase unha capa de 5 cm. de mestura bituminosa en quente, coa correspondente rega de adherencia, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo. Previamente, levarase a cabo un fresado de 5 cm. nun ancho medio de 1,00 metro no contacto coas marxes formigonadas. Nunha lonxitude de 46 metros e cun ancho medio de 1,90 metros acondicionarase a marxe do camiño cun pavimento composto por 15 cm. de formigón e 20 cm. de zahorra. Esta zona contará con rede de drenaxemediante tubo de PEAD de 400 mm. de diámetro e 2 arquetas con sumidoiro.
As actuación complétanse coa sinalización horizontal da vía e a colocación de 1 sinalde STOP.
- Mellora de acceso a Filgueira
Descrición: Lonxitude 360 m, ancho 6,00 m e 185 m2 de abanicos
As obras que contempla esta actuación están encamiñadas á mellora da capa de rodaxe do acceso ao núcleo de Filgueira (52 hab. no 2022 segundo o INE) dende a estrada provincial DP – 2302.
Procederase á limpeza de gabias en ámbalas marxes. Co fin de mellorar a capa de rodaxe executarase unha capa de 5 cm. de mestura bituminosa en quente previa regularización da superficie con mestura bituminosa en quente, coas correspondentes regas de adherencia.
Nunha lonxitude de 40 metros e cun ancho medio de 1,50 metros acondicionarase a marxe do camiño cunpavimento composto por 15 cm. de formigón e 20 cm. de zahorra, delimitado exteriormente cun bordo de formigón.
Esta zona contará con rede de drenaxemediante tubo de PEAD de 400 mm. de diámetro e 2 arquetas con sumidoiro.
As actuación complétanse coa sinalización horizontal da vía.
Comentários