top of page

ENTROIDO DUMBRÍA 2021

 

 

FAI O TEU DISFRACE NA CASA

Este ano, debido á pandemia que nos está tocando vivir, non imos poder celebrar o festival de entroido de Dumbría o domingo, como tocaría.


Non imos desfrutar das marabillosas comparsas que, chegadas desde todos os concellos da volta, sempre nos fan pasar unha tarde do máis entretida.


Pero iso non quita que celebremos un entroido ben tradicional nas nosas casas. Porque un cocidiño, unhas filloas, unhas orellas,....teremos que facer, non?


É certo que esta vez non podemos desprazarnos para mercar disfraces, pero podemos volver á maneira tradicional de disfrazarse.


Podemos convertirnos en auténticos "entruideiros" con cousas que temos pola casa. Uns farrapos vellos e un pouco de imaxinación poden ser o mellor disfraz do mundo.


Por iso, animámosvos a que vos disfracedes, a que celebredes o entroido cunhas rosquillas caseiras, a que tiredes de imaxinación, e que nos enviedes algunha imaxe do ben que o sabemos pasar en Dumbría.


Compartide con nós as vosas imaxes, empregando o cancelo #EntroidoDumbría2021, ou etiquetándonos nas vosas publicacións e, así, estaremos todos conectados, todos compartindo o noso entroido particular.

Compartide con nós as vosas imaxes, empregando o cancelo #EntroidoDumbría2021, ou etiquetándonos.

 

Ligazóns:


ligazón vídeo disfrace pallaso: https://youtu.be/9ddKF80LTmk

ligazón vídeo careta pallaso: https://youtu.be/i8C40ftqKro

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page