top of page

DUMBRÍA Calidade Turística en Destinos (SICTED)


 




A Oficina de Turismo do Ézaro é distinguida polo Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED)

O ano pasado, 2023, implantouse na Costa da Morte o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino SICTED, grazas ao cofinanciamento da Deputación da Coruña, a través das axudas aos entes de xestión turística da provincia, e á Costa da Morte Asociación Turística CMAT.


O SICTED é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), que conta cunha metodoloxía propia baseada nunha visión global de destino, que contribúe a implantar un sistema de xestión da calidade nos destinos turísticos.


Esta metodoloxía conta con varios ciclos de implantación e cada ciclo require do cumprimento de determinados requirimentos: formación, plataforma tecnolóxica, asesoramento individualizado, documentación, plans de mellora, obradoiros colectivos,…


Tras ter rematado o Ciclo 1, e polo tanto pasar ao Ciclo 2, a Oficina de Turismo do Ézaro (Dumbría) recibiu o seu diploma e o distintivo de Compromiso de Calidade Turística, que a acredita e recoñece o seu esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua.









 

Descarga la app: www.calidadendestino.es

 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Comments


Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page