top of page

25 Aniversario Club de Fútbol de Dumbria.


 

Cumpridos 25 anos da creación do Club de Fútbol Dumbría queremos celebralo con vós e con todos os que pasaron polo noso club durante todos estes anos.


O CF Dumbría fundouse o 10 de febreiro de 1996, polo que o vixésimo quinto aniversario xa se cumpriu, pero a paralización de eventos e actividades derivados da pandemia fixo que non puidesemos celebrar antes.


Pero agora si, o Domingo 12 de febreiro ímolo festexar con un Gran Cocido no Conco dirixido a ex xogadores, xogadores, nais, pais, veciños e afecionados en xeral.


Todas as personas que queirades participar neste encontro deberedes realizar a inscrición e reserva a partir do xoves 12 de xaneiro.


Os tickets poderanse adquirir nas instalacións deportivas do Conco-Dumbría e tamén se poderá facer a reserva chamando ao teléfono 664316417.


Estamos preparando un programa de actos que vos permitirá gozar dun día inolvidable. Concello de Dumbría

 



 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




Comments


Recientes

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page