top of page

GRAZAS POR TODO! O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR.

Querémosvos dar as GRAZAS a todos e todas, por facer maxia unha vez máis en Dumbría.

Grazas polo éxito acadado nas xornadas celebradas esta fin de semana sobre o Territorio Vákner.

Unhas xornadas nas que contamos cunha grande participación e interese polo novo proxecto que acaba de nacer.

Nestas xornadas contamos con interesantes relatorios da man de estudosos de grande prestixio, coordinados polo historiador Antón Pombo. Gozamos dunha música de luxo a cargo de Luar Na Lubre, autores da música do audiovisual producido por Galopublicidad. E asistimos á presentación da estatua do Vákner, obra que vai realizar o recoñecido escultor Cándido Pazos.

Un elenco incrible que nos mergullou a todos no misterio do Vákner.

Como peche das xornadas tamén presentamos o audiovisual, que resume de forma cinematográfica a historia deste peregrino, chegado das afastadas terras de Armenia, e o seu terrorífico encontro con este lobishome.

Foron dous grandes días de festa que remataron cunha visita polos lugares máis emblemáticos do concello e a súa conexión cos feitos relatados.

GRAZAS POR TODO!

O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR. COIDA OS TEUS PASOS POLO SEU TERRITORIO.

 

Encontro financiado a través do Programa O Teu Xacobeo, do Xacobeo2021.

 

 
 

 

Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page