AVISO DE APRAZAMENTO.
Dadas as adversas condicións meteorolóxicas destes últimos días, vémonos obrigados a aprazar o V Trofeo de Ciclocross Concello de Dumbría, previsto para o domingo 11 de novembro.
O mal estado no que quedou o circuito como consecuencia das intensas chuvias e vento, así como o desbordamento do regato próximo ao mesmo e a caída de árbores, fai que o circuito non reúna as necesarias condicións de seguridade para os participantes.
A nova data prevista para a desputa desta proba será o vindeiro SÁBADO 24 de novembro de 2018, en horario de tarde.