top of page

Presentación da primeira novela de Noelia Castro "En brazos de otro amor".

O venres 22 de xuño terá lugar nas instalacións do Conco a presentación da primeira novela de Noelia Castro, veciña de Buxantes.

Trátase dunha novela romántica ambientada no século XIX e titulada En brazos de otro amor.

Convidámosvos a todos e todas a que a acompañedes ese día.

 

DATOS BIOGRÁFICOS >

Noelia Castro Lourido (Anseán, Dumbría, 1979) acaba de publicar a súa primeira obra titulada "En brazos de otro amor". Escritora afeccionada, publicaba as súas historias na rede social Wattpad, unha aplicación que permite crear e compartir contidos con outras persoas. Os usuarios poden publicar artigos, relatos, blogs, fan-pics, ciencia fición e historias sobre temas diversos, xa sexa en línea ou a través da aplicación. Podedes seguir as creacións da autora, que agora sae á luz pública coa publicación do seu primeiro libro. Con este motivo quixemos facerlle esta entrevista, e tamén convidarvos á presentación do mesmo, que terá lugar o venres 22 de xuño ás 20:00h na Biblioteca do Conco, no Concello de Dumbría.

 

O LIBRO >

Título: En brazos de otro amor

Autor: Noelia Castro

Editorial: Ediciones Brisa del Sur

Precio de venta: 21€

 

SINOPSE > Heather y Jason son jóvenes y entre ellos surge algo mucho más profundo que no quieren reconocer. Entre tanto aparecen personajes interesados en ni Heather ni Jason se den ninguna oportunidad para que esa relación siga adelante. La propia Heather se encuentra entre lo que siente por Jason, y lo que siente por Gray, un joven lord que conoce en el colegio y cree estar enamorada de él. ¿Quién se ganará finalmente el corazón de Heather?

 

ENTREVISTA > 1. Como xorde a idea de escribir, título do libro? O libro titúlase En brazos de otro amor. A idea de escribir xorde en abril do ano pasado cando coñecín en internet a plataforma Wattpad, na que se poden ler historias de outras persoas ou escribir, como é o meu caso. Xerou en min unha inquietude e fíxome pensar que se outras persoas eran capaces de escribir unha historia ,por que eu non o podía facer tamén?. E aquí estou, presentando o meu libro. Se vos interesa seguirme soamente tedes que descargar a aplicación e buscarme co nome de Noelia Castro Lourido. 2. De que trata a obra? A obra narra a historia de amor entre Heather e Jason, dous rapaces novos que se namoran, ambientada no Londres do século XIX, pero que para ese amor sexa posible, os protagonistas teñen que pasar unha serie de adversidades para, ao fin, poder felices para sempre. Ó longo da historia os protagonistas viven momento felices, pero tamén son moitos momentos difíciles os que teñen que afrontar por culpa de personaxes egoístas e manipuladores. 3. Dende cando escribes, tes outras publicacións? Fai un ano que comencei a escribir. De momento non teño ningún libro máis publicado. 4. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras? Para min escribir é algo especial que non podo explicar con palabras. Cando escribes estás transmitindo unha historia que nace do teu interior. Poder chegar a tanta xente a través das letras é todo un honor e un pracer, ver que as horas que pasas escribindo teñen a súa recompensa, que é o que realmente queremos os escritores, que desfruten dunha boa historia e que se sintan en conexión co autor. 5. Cóntanos como estás vivindo este momento no que a túa obra vai ver a luz pública. En este momento estou feliz e moi emocionada de que a miña historia vaia ser publicada. Cando empecei a escribila non pensei que este momento me ía pasar tan pronto. Iso quere dicir que o meu traballo ao longo do ano mereceu a pena por tanto esforzo e horas de dedicación e que é unha bonita historia que a xente merece desfrutar. 6. A quen admiras como escritor ou escritora? Admiro moito as escritoras de novela romántica como Diana Palmer Candace Camp, Brenda Novak, Julia London, entre outras. Admiro a moitas máis, poño estas tres para que as coñezades. 7. Que consellos lles darías os nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis? Pois eu diríalles que ler é algo máxico que che permite desfrutar dun sinfín de aventuras sen moverte de sofá da casa. A parte de que é unha actividade moi boa para manter o cerebro e a mente activos. 8. Tes algún libro máis pendente de publicar? Sí, estou preparando a miña segunda novela "Matrimonio por venganza", que, se todo sae ben, creo que verá a luz o próximo ano. 9. Que libro ou libros estás lendo neste momento? Nestes momentos estou acabando de ler a novela de Julia London "Los peligros de perseguir a un duque". 10. Gústache ler en dixital ou prefires en papel? Gústame ler tanto en papel como en dixital. Pero gústame máis o contacto co libro na man e ir pasando as páxinas segundo vas lendo. 11. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar? Esta é unha pregunta algo complicada porque na Costa da Morte están xurdido escritores fantásticos. Pero o autor que más me chega ao corazón sen dúbida algunha é Xaime Trillo.

 

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page