top of page

X Open Internacional de Pesca a Mosca por Parellas Río Xallas.

O Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría e os patrocinadores, organizan o X Open Internacional de pesca a mosca por parellas Río Xallas.

O Open de pesca a mosca por parellas Río Xallas converteuse nun dos eventos con máis prestixo a nivel Nacional e Internacional, e ano tras ano son máis as parellas que queren participar deste evento, cunha gran lista de espera.

O Open celebrarase os días 13 e 14 de abril, nunha paisaxe incomparable, que destaca por ser un escenario simbólico e de incrible beleza da Costa da Morte, onde o río Xallas encaixa entre os montes en casi toda a súa extensión ata a súa desembocadura no Ézaro.

A décima edición deste Open celebrarase no couto do Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas comprendido entre o embalse da Fervenza e a desembocadura do río Beba, couto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte.

Este ano 2018 celebrarase de novo o Campionato de España Xuvenil. O X Open do Xallas contará, ao igual que en anteriores edicións, cos deportistas máis destacados do panorama Internacional, Nacional e Galego. Participarán o Tricampión do Mundo David Arcay (actual Campión Galego), os Bicampións do Mundo, Jordi Oliveras, Ivan Vergé e Pablo Castro, o Campión do Mundo e actual Campión de España Francisco Llamas. Participará parte da Selección Española que logrou a medalla de bronce no 2017 no Campionato do mundo de Eslovaquia.

 

PROGRAMA

> Xoves, 12 de abril

20:30 a 21:30 Recepción de participantes - Hotel Insua (Cee)

22:00 Cea

> Vernes, 13 de abril

7:30 Concentración - Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

Sorteo e repartición de plicas a participantes

9:00 a 11:00 1ª fase da 1ª manga

11:30 a 13:30 2ª fase da 1ª manga

13:45 Comida no Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

Entrega de plicas

15:30 a 17:30 1ª fase da 2ª manga

18:00 a 20:00 2ª fase da 2ª manga

21:30 Cea

> Sábado, 14 de abril

7:45 Concentración - Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

9:00 a 11:00 1ª fase da 3ª manga

11:30 a 13:30 2ª fase da 3ª manga

13:45 Comida no Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría) Entrega de plicas

15:30 a 17:30 1ª fase da 4ª manga

18:00 a 20:00 2ª fase da 4ª manga

22:30 Cea e entrega de trofeos.

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page