Fervenza do Ézaro, iluminación ponte de Abril - Maio 2018
A Semana Santa xa rematou, pero aínda falta moito para o verán. Por este motivo, a Fervenza do Ézaro volverase iluminar previa tempada de verán, como datas extra durante a ponte de abril-maio.
Luces de cores que dan forma ás rochas, espertando as lendas do lugar. Poderás contemplar este espectáculo en primeira fila, dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.
Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte.