A praga da pataca REUNIÓN INFORMATIVA
Con motivo da declaración por parte da Consellería de Medio Rural de varias parroquias do concello de Dumbría como zona tampón demarcada pola presenza da praga de corentena denominada couza guatemalteca da pataca declarada en todo o término municipal de Muxía, convócase a tódolos veciños e veciñas do concello a unha reunión informativa, con asistencia de técnicos da Consellería, para informar da situación e medidas que hai que adoptar no concello de Dumbría.
DÍA > Xoves 5 de abril 2018
LUGAR > Casa de Cultura de Olveira
HORA > 19:00 h.