Fervenza do Ézaro, iluminación Semana Santa 2018
Ven gozar da fermosa Fervenza do Ézaro nas noites máxicas da Semana Santa de Dumbría.
Os días 29, 30 e 31 de marzo, a Fervenza do Ézaro iluminarase polas noites en horario de 22.00 a 23:00 h.
Luces de cores que dan forma ás rochas, espertando as lendas do lugar. Poderás contemplar este espectáculo en primeira fila, dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.
Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte.
Aviso
Durante a Semana Santa, os autoubuses non poderán acceder á Fervenza do Ézaro co obxecto de evitar problemas de conxestión de tráfico. Haberá unha zona habilitada, de carga e descarga, na entrada para logo continuar a pé ata a fervenza.
