Dumbría en Sportur Galicia.
O Concello de Dumbría participa en Sportur Galicia, o salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra esta fin de samana en Ourense, os días 17, 18 e 19 de novembro. Esta feira é un evento destinado a tódolos públicos, tanto para deportistas, afecionados ou principiantes, coma para maiores e nenos.
Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte e coñecer de primeira man un sinfin de actividades Turístico - Deportivas.
O interese de Dumbría neste evento, e dar a coñecer as ofertas turísticas e deportivas do Concello así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades para chegar as súas ofertas a unha maior cantidade de público.
Para acadar estes obxetivos, o alcade en persoa José Manuel Pequeño Castro, desprázase o evento para establecer relacións cos diferentes participantes e visitantes; así como para establecer reunións de traballo coas diferentes persoalidades e representantes do mundo deportivo e turístico
A fin de continuar ca labor de posicionamento do Concello de Dumbría e da Costa da Morte no sector turístico coma unha grande referencia e opción para particulares e operadores.