top of page

GRAN FONDO EZARO 2017

Gran Fondo Ézaro 2017

O vindeiro 2 de xullo, terá lugar unha nova edición do gran Fondo Ézaro.

Un ano máis o concello de Dumbría e toda a Costa da Morte, goza desta proba que percorre as paisaxes máis fermosas e emblemáticas da nosa comarca.

Todo isto enmarcado dos mellores amigo, premios e un remate final con xuntanza.

E para beneficio de todos te informamos dos cortes de tráfico por estradas e horas que se levarán a cabo para realizar a proba:

 

> Cortes de tráfico

A celebración do Gran Fondo Ézaro o próximo 2 de xullo levará aparellado o corte puntual dalgunhas estradas e accesos na contorna de Dubría e a súa comarca, así como a posibilidade de que se produzan retencións, polo que se recomenda aos condutores, na medida do posible, non facer uso destes viais. En concreto, cortarase o acceso á Fervenza do Ézaro a vehículos desde as 10,00 horas do sábado 1 e ata as 18,00 horas do domingo. Os autobuses non poderán acceder desde as 10,00 horas do venres, día 30. Así mesmo, cortarase a subida ao Alto de Paxareiras desde Carnota (entre as estradas AC-550 e C-400), desde as 13,00 ata as 15,00 horas do día 2. Poderase circular con precaución en sentido inverso, aínda que se esperan retencións. Tamén permanecerá cortada entre as 10,00 e as 10,40 horas do domingo a estrada que une a DP-2303 e a AC-400, na zona de Os Muiños; e o vial que leva a Dumbría polo Cemiterio de Cores (AC-442 a DP-3404), desde as 10,30 ás 11,30 horas. Finalmente, tamén permanecerá cortado o vial que leva ao Alto de Paxareiras por Abelleira (entre as 12,10 e as 14,30 horas), aínda que en sentido descendente. En sentido ascendente poderá circularse con precaución. A organización do Gran Fondo Ézaro e o Concello de Dumbría agradece a comprensión dos condutores e pide desculpas por anticipado polos inconvintes que esta situación poida xerar nos seus desprazamentos. En todo caso, comprométese a que os cortes sexan os mínimos imprescindibles para a realización dunha proba que, por outra banda, conllevará numerosos efectos beneficiosos para toda a comarca a nivel de promoción e difusión dos seus atractivos. > POSIBLES RETENCIÓNS Ademais dos viais que permanecerán cortados, advírtese aos condutores da posibilidade de que se produzan retencións noutros puntos. Por iso, e aínda que non se cortarán ao tráfico, recoméndase evitar circular, na contorna da carreira, pola AC-550 en dirección a Cee (entre as 9,00 e as 9,30 horas); pola AC-552, a AC-442 e a DP-3404, en ambas direccións (entre as 10,30 e as 11,40 horas); e pola DP-2303, en sentido Cee (entre as 11,00 e as 11,40 horas). Tamén pode haber retencións na AC-550 dirección Muros, desde Cee ata Abelleira, na vía de acceso desde Carnota ao Alto de Paxareiras pola AC-400 e na AC-550 en dirección a Ézaro, desde o cruzamento de O Viso ata pasar polo enlace de Ézaro.

 

MOITAS GRACIAS E FELIZ VOLTA

Recientes

Síguenos
  • Facebook Social Icon
  • Twitter Social Icon
  • YouTube Social  Icon
  • Pinterest Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon
  • Black Pinterest Icon
bottom of page