

A Radio Galega viaxa a Dumbría para homenaxear ao CF DUMBRÍA.
O martes 27 de febreiro ás 20:00 h, achégate á Casa da Cultura de Olveira e participa na homenaxe adicada ao mítico club de fútbol de Dumbría. O xornalista de deporte Alfonso Pardo gravará unha edición especial do programa da Radio Galega Convivir Deportivo, no que se repasará a traxectoria do club, os seus logros e como afronta o presente e o futuro. Dumbría en clave deportiva!!!

Fervenza do Ézaro, iluminación Semana Santa 2018
Ven gozar da fermosa Fervenza do Ézaro nas noites máxicas da Semana Santa de Dumbría. Os días 29, 30 e 31 de marzo, a Fervenza do Ézaro iluminarase polas noites en horario de 22.00 a 23:00 h. Luces de cores que dan forma ás rochas, espertando as lendas do lugar. Poderás contemplar este espectáculo en primeira fila, dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza. Ven descubrir a Fervenza pola noite, vive a experiencia da maxia no corazón da Costa da Morte. Aviso Du