top of page
CIR
natureza impresionante
CENTRO DE INTERPRETACIÓN.
​
O Centro de Interpretación de Roteiros (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro, situado ao pé da praia de O Ézaro é un edificio de pedra reformado para dar a coñecer dunha forma lúdica estes dous fitos da natureza.
Nel descubrirás as lendas, a historia, os personaxes, a flora e fauna, a xeoloxía, curiosidades e moito máis. O CIR é unha parada obrigatoria para os namorados do Monte Pindo, espérache unha experiencia apaixonante con audiovisuais, paneis interactivos e toda a información que necesitas acerca destes roteiros.
​
A SÚA ENTRADA E GRATUÍTA!
Horario Verán
De martes a sábado de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 h.
Domingo de 11:00 a 14:00
+ info. Oficina de Turismo
662 346 927
bottom of page