 |
 |
Punto de Información Catastral  |
| O Concello de Dumbria, en colaboración coa Dirección Xeral do Catrasto, ofrece un novo servixo gratuito ós veciños, o Punto de Información Catastral. Isto supón que a partir de agora, no propio concello poderanse realizar consultas e obter certificacións sobre datos catastrais, evitando así en moitos casos o desprazamento ata A Couña. |
|
¿Quen pode obter información catastral?
Calquera veciño, conforme os seguinte criterios: |
Se non é o titular catastral, poderá obter:
Consulta é certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
Certificación negativa de bens inmobles ou da circustancia de non figurar como titular catastral. |
Se é o titular catastral, ou representante legal do titular, poderá obter, previa solicitude-autorización:
Consulta e certificación electrónica dos datos protexidos relativa ós bens inmobles da súa tituralidade (lista de bens, cartografía, certificación descriptiva e gráfica dos mesmos). |
 |
Requisitos para a obtención de datos
Para o acceso a esta información, os titulares catastrais, ou os seus representantes legais, deberán presentar unha solicitude de información no modelos que se lles facilitará no porpio concello, na que se fará constar a identidade do solicitante e a información requerida, así como o orixinal e copia do DNI. |
Se non é o titular catastral, deberá presentar:
Solicitude.
NIF do solicitante (orixinal e copia).
Autorización asinada polo titular catastral e copia do DNI do mesmo. |
Se é o titular catastral, ou representante legal do titular, deberá presentar:
Solicitude do titular catastral, según modelo oficial.
NIF (orixinal e copia do titular, e, no seu caso, da persoa autorizada). |
 |
Máis información
Punto de Información Catastral
Concello de Dumbría
T. 981 744 001
Horario: de 9:00 a 14:00 h. |
 |
Recollida de electrodomésticos  |
O Concello ten a disposición de tódolos veciñs un servizo totalmente gratuito de recollida de electrodomésticos vellos. A recollida, que efectúa a empresa COREGAL, S.L., ten lugar o primeiro mércores de cada mes no domicilio de quen o solicite. Para isto, os interesados en desfacerse de calquera electrodoméstico que non lle sirva, tan só ten que chamar ó teléfono do concello, deixando o seu enderezo e tipo de electrodoméstico que quere que lle recollan.
É importante recordar que, posto que o concello está pagando á empresa encargada pola prestación deste servizo, non se abandonen electrodomésticos e chatarra nas inmediacións de camiños e vías públicas, xa que nolo recollen na nosa propia casa. |
 |
Expedición do D.N.I.  |
Co fin de facilitar ós veciños do concello a obtención e renovación do Documento Nacional de Identidade, un Equipo Móvil da Policía Nacional desprázase periódicamente a este concello para a realización destes trámites.
Os interesados só teñen que solicitalo nas oficinas municipais, ben persoalmente ou por teléfono, onde se lles indicará o día no que se desprazará a Policía ó concello, así como a documentación que hai que aportar. |
 |
Permiso de corta e autorizacións de queima  |
| Recórdase tamén que tódolos venres, en horario de 9 a 10 da mañá, desprázase ó concello un Axente Forestal para a expedición de autorizacións de queima e permisos de corta. |
 |
|

|
 |
Punto de Información á Muller
Acábase de crear tamén mediante un convenio de colaboración co Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, o Punto de Información á Muller, co obxetivo de proporcionar asesoramento xudírico e psicolóxico e facilitar información sobre recursos e axudas para mulleres do Concello de Dumbría.
Este novo servizo prestarase tódolos mércores, en horario de 13 a 15 horas.
Máis información
Concello de Dumbría
T. 981 744 001 |
|