Ir a páxina principal de Dumbría | castellano |
O turismo en Dumbría
ConcelloServiciosHistoria e patrimonioNaturezaTurismoO camiño a Fisterra e MuxíaGaleríaDirectorio
Mirador de Ézaro
Festas e romarías
Couto de pesca do Xallas
Comer e durmir
Casa da Pedra
Rotas de senderismo
Galicia é a terra das mil paisaxes,onde a transición entre a terra e o mar discorre en perfecta harmonía. En Dumbría, descubrirás a grandeza de dito feito e poderás contempla-la beleza dunha paisaxe que che sorprenderá.

A presencia do home nestas terras vén xa dende antano e numerosos vestixios dan fe delo, como:o Dolme de Pedra da Arca, numerosos Castros Celtas, Petroglifos...
Ruta norte
Ruta nortePaisaxes de gran beleza natural para os amantes das viaxes tranquilas.A ruta discorre pola estrada que une A Coruña e Fisterra atravesando o Concello nos seus últimos kilómetros.

No transcurso do recorrido atoparemos os lexendarios castros celtas,igrexas cheas de curiosidades,a sede do concello.
Ruta do Camiño de Santiago
Ruta do Camiño de SantiagoEsta ruta transportaranos polas suxerintes historias cheas de símbolos e aventuras escondidas cerca dos confíns do mundo.

Esta vez poderemos ve-lo dolme de Pedra da Arca o máis grande de Galicia), pasaremos polo lugar de Hospital, que en tempos pasados tiña un hospital antiguo de peregrinos e onde se separan o camiño de Santiago cara a Fisterra e Muxía.
Ruta do Xallas
Ruta do XallasAcompañeremos ó río Xallas pola súa cantidade de encoros e cascadas,atravesaremos pola preciosa ponte de Ponteolveira(s.XVIII9, visitaremo-lo grandioso espectáculo de A Pedra Cabalgada, de novo os Castros Celtas, igrexas, cruceiros e ó final da ruta o mirador do Ezaro, colgado riba do Océano Atlántico con Fisterra á fronte, o Olimpo Celta do Monte Pindo e o río Xallas precipitándose coma poucos no mundo directamente sobre o mar.
Ampliar mapa coas Rutas de senderismo no Concello de Dumbría

Ver as tres rotas a un maior tamaño
Para poder visualizar as rotas a un maior tamaño pinche sobre o mapa que se atopa enriba destas liñas. Abrirase nunha nova fiestra.

 

Descarga mais información sobre as rotas

Descarga mas rutas

Concello de Dumbría
Estrada de Dumbría s/n
T. 981744001 | F. 981744031