Ir a páxina principal de Dumbría | castellano |
O turismo en Dumbría
ConcelloServiciosHistoria e patrimonioNaturezaTurismoO camiño a Fisterra e MuxíaGaleríaDirectorio
Mirador de Ézaro
Couto de pesca do Xallas
Comer e durmir
Rotas de senderismo
Casa da Pedra
Festas e romarías
Festa

As festas funcionan como marcadores do tempo cíclico, son fitos importantes no calendario. Hai festas do ciclo anual, patronais, romarías e, nos últimos tempos, aparecen tamén festas con outras motivacións.

No concello de Dumbría cada parroquia ten a súa festa patronal, como tamén teñen ou tiñan outras festas locais secundarias. Estas, ás veces, poderían ter máis relevancia que a propia festividade do patrón, por celebrarse no verán ou por outros motivos, como ocorre coas festas do Carme na parroquia de Dumbría, que ten maior atracción que as propias patronais.

Despois estarían as romarías da Virxe das Neves, na Fonte Santa, e a de Santa Lucía, en Olveiroa. Estas tiñan unha importancia que trascendía os límites da parroquia e mesmo do concello.

Nos últimos tempos destacan novas festas que responden a unha nova concepción de tempo festivo. Así hai que sinalar a Festa da Praia, que cada verán se celebra ao carón da praia do Ézaro e na que o principal atractivo está nas concorridas competicións deportivas e nas actuacións musicais.

Festas patronais
San Pedro. Buxantes 29 de xuño
Santiago. Berdeogas 25 de xullo
Santiago. Olveira 25 de xullo
San Mamede. Salgueiros 7 de agosto
San Martiño. Olveira 12 de novembro
San Eulalia. Dumbría 10 e 11 de decembro
Festas locais
San Xoán. Berdeogas 24 de xuño
San Xoán. Olveira 24 de xuño
Festas da Virxe do Carme. Buxantes 7 de agosto
Festa da Virxe do Carme. Olveira 3º fin semana de agosto
Festas do Carme. Dumbría Último fin de semana de agosto
Festa da Nosa Sra. do Mar. Ézaro 12 e 13 de setembro
San Sadurniño. Ézaro 29 de novembro
Santa Lucía. Berdeogas 13 de decembro
Romarías
Santa Lucía. Olveira Luns de Pascoa
Virxe das Neves. A Fonte Santa. Buxantes 8 de setembro
Romarías
Festa da Praia. Ézaro 1º fin de semana de agosto
Cascada do Ézaro

Fervenza e mirador de Ézaro
Coroando a poboación de Ézaro, atópase un mirador de obrigada visita turística, pola súa percepción da fervenza do Xallas, a ensenada de Ézaro e o fondo do cabo de Fisterra.

Concello de Dumbría
Estrada de Dumbría s/n
T. 981744001 | F. 981744031