Ir a páxina principal de Dumbría | castellano |
ConcelloServiciosHistoria e patrimonioNaturezaTurismoO camiño a Fisterra e MuxíaGaleríaDirectorio
Biblioteca
Cultura
Formación e emprego
Servicios sociais
Subvencións
Actividades deportivas
Dumbria

O deporte é un hábito moi saudable e estimulante que ademais nos axuda a coñecer xente , a aprender a traballar en equipo e a manternos en forma.

Dende o Concello de Dumbría impulsamos diversas iniciativas deportivas cas que pretendemos que os nosos veciños/as se impliquen no deporte , neste sentido cabe destacar as siguientes :

-Escola de Fútbol Base

-Clube de Piragüismo

-Equipo de Voleibol

-Multiples actividades como aeróbic, ximnasia de mantemento, educación física etc

 

Escola de Fútbol Base

O concello de Dumbría ven de crear recentemente unha escola de fútbol base ca idea de que os rapaces e rapazas que o desexen poidan asistir a entrenamentos semanais realizados por persoal especializado.

Con esta iniciativa o concello de Dumbría pretende que os rapaces se impliquen no deporte dende a infancia e adquiran a disciplina e formación necesaria para que desenrolen as súas capacidades tanto físicas como psicolóxicas que lles permitan estar o mais alto nivel posible para xogar o seu deporte favorito

Para mais información visite a páxina web do Clube de Fútbol Dumbría

www.cfdumbria.com

 

Clube de Piragüismo Dumbría

O Concello de Dumbría creou no ano 2007 unha escola municipal de piragüismo.

A iniciativa superou as nosas espectativas debido a gran afluencia de nenos e nenas e foi entón cando se creou o clube para poder competir nas distintas competicións organizadas pola Federación Galega de Piragüismo.

Actualmente este clube está disputando competicións autonómicas e nacionais e acadando grandes logros.

Para unha maior información e saber como formar parte do noso clube pulsa no seguinte enlace para visitar a súa páxina web :

Paxina do clube de piragüismo Dumbría

 

Volei Dumbría

Unha actividade que está creando diversos adeptos é, como non, o Voleibol que congrega a rapaces e rapazas que aprenden a xogar en equipo e disfrutan con un deporte que poden practicar no seu concello.

O equipo de Volei Dumbría actualmente xoga na liga Galega de Volei, a pasada tempada o equipo cadete masculino quedou primeiro nesta categoría o que lle permitiu disputar o campeonato de españa competindo cos mellores clubs de ambito nacional na localidade de Pizarra ( Málaga )

Visite a web do equipo municipal de Volei

http://voleydumbria.blogspot.com/

 

Actividades Deportivas Múltiples
Dende o concello impulsamos tamén outras actividades deportivas saudables e accesibles a calqueira persoa e idade
As actividades mais destacadas son:
AERÓBIC
XIMNASIO MUNICIPAL

 

XIMNASIA MANTENEMENTO

Actividades deportivas

- Escola de futbol Base

- Clube de Piragüismo

- Voleibol Dumbría

- Actividades

Concello de Dumbría
Estrada de Dumbría s/n
T. 981744001 | F. 981744031