DUMBRÍA 12 OLLADAS

Unha mirada é unha forma de percibir o mundo, unha reflexión sobre a realidade, pois o enfoque e o punto de vista transforman o que observamos. Cada mirada é unha emoción única e silenciosa que chega directa ao corazón dos demais.

Noraboa por ver, por observar, por estas 12 olladas que se pousan no noso concello. Noraboa por estar, por compartir e formar parte del.


Feliz 2015.

José Manuel Pequeño.
Alcalde de Dumbría.













XANEIRO
Dumbría é Auga.

Manuel Ovidio Castro Rodríguez. “Cascada”.

“Foi un día de moito temporal. A fervenza estaba con moita auga e acompañei a Marcos Rodríguez a e elixina porque a fervenza levaba moitísimo auga.”









FEBREIRO
Dumbría é Verde.

Antonio Fernández Martínez. “Fervenza, en río Hospital”.

"Eu nacín literalmente enriba dun río, crieime á beira do mesmo, rin e chorei con el, mergulleime infinidade de veces, bebín, que cristalino daquela; aprendín a nadar - non había piscinas . Ás veces dábame algunha troita, mellor dito collíalla, había moitas... Con el aprendín a amar a natureza, a ver ríos de cores e matices diferentes, entre os que destaca o marco incomparable deste máxico recanto do concello de Dumbría, e sobre todo porque é verde."











MARZO

Dumbría é Cultura.

Lucía Cambeiro Agulleiro. “Buxantes é música. Buxantes é arte”.

"Moitos din que unha imaxe vale máis que mil palabras, eu tan só digo que a mestura de sentimentos que xorden de atoparse neste lugar tan idílico como é a Capela das Neves e escoitar o son deles, os Gaiteiros de Buxantes; iso sí que é imposible de explicar en mil palabras e recollelo nunha imaxe. ¡Vén e víveo!"




ABRIL
Dumbría é Branco e Negro.

Silvia Castro García. “Area pequena-O Forcado-Pedra Maior”.

“Decidín escoller a foto das tres praias para que se vexa o antes e o despois do pobo de O Ézaro.”




MAIO

Dumbría é Camiño.

Quino Pais. “Camiño de Fisterra”.

“Elixín esta fotografía porque ten un camiño serpeante, destacando aos peregrinos e ao sinal da cuncha. En definitiva, un todo nun.”




XUÑO

Dumbría é Deporte.

Jorge Rodríguez Pérez. “Campionato Galego Volei Praia”.

“Fíxena porque o volei praia é un deporte minoritario e necesítase potenciar unha disciplina como esta, e neste caso pico e máis característico do volei praia feminino, marcar a xogada.”




XULLO
Dumbría é Solpor.

Manuel González Franco. “Posta de sol dende o Monte Peñafiel”.

“Elixina por ser tomada dende un lugar pouco habitual como é o Monte Peñafiel, parte do Monte Pindo, situado nas proximidades de O Ézaro. O solpor no Ézaro entre os meses de Novembro a Xaneiro son dos mellores da Costa da Morte e cada unha delas e diferente e irrepetible.”




AGOSTO

Dumbría é Única.

 Jorge Juan Castro Lado.
“Eu non teño a culpa de vivir aquí... simplemente tiven sorte”.

“Decidín participar con esta foto para ensinar a única praia de Dumbría. Tal e como se aprecia na foto, é espectacular e con bandeira azul.”




SETEMBRO
Dumbría é Tradición.

Jorge Rodríguez Pérez. “Beleza e Tradición unidas pola Natureza”.

“Penso que a Beleza dos cabalos vai ligada á beleza do entorno na Carballeira de Berdeogas e creo que escenifica á perfección a tradición que teñen os cabalos en Dumbría e, sobre todo, na Carballeira.”




OUTUBRO

Dumbría é Arquitectura.

Jorge Rodríguez Pérez. “Arquitectura en forma de natureza”.

“Creo que a imaxe representa perfectamente o que é Dumbría en Arquitectura: innovación. Con respecto á natureza: colorido, modernidade. Unha imaxe vale mais que mil palabras.”




NOVEMBRO

Dumbría é Pedra.

Quino Pais. “A auga pode coa pedra”.

“É un sitio pouco coñecido e agora, co caudal ecolóxico, é case imposible de ver. Elixina para que a xente poida apreciar o bonito do sitio, así como o feito de que a auga é capaz de transformar e pulir a pedra ao seu antollo co simple paso do tempo.”







DECEMBRO

Dumbría é Nadal.

Silvia Castro García. “Que chega... que chega o Nadal!”.

“A Volta Ciclista transmitiunos alegría, ilusión e agasallos. Foi o Papá Noel de Dumbría”.












NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES

Neste link, poderás ver tódalas fotos dos participantes do concurso de "Doce Olladas. Desfruta, comparte e descobre Dumbría.

FOTOS DO CONCURSO 12 OLLADAS.

CALENDARIO DUMBRIA 2015 " DOCE OLLADAS"





O tempo en Dumbría
23 de maio 2017
- - -
CONCELLO DE DUMBRÍA / ANO 2017
Rúa do Concello S/N, 15151 Dumbría - A Coruña _TEL. 981 744 001 _FAX. 981 744 031_ correo@dumbria.dicoruna.es