A Consellería de Traballo e Benestar, por Orde do 30 de decembro de 2011, establece as seguintes axudas:

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

BENEFICIARIOS: Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012), e que, durante o ano 2010 ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.


CONTÍA: Pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos de 360 €.

DOCUMENTACIÓN:

- DNI do solicitante e do seu cónxuxe

- Libro de familia

- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar

- Cartilla de aforros

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 26 de marzo de 2012

As persoas interesadas poderán obter máis información nos Servizos Sociais do concello, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.

O tempo en Dumbría
26 de marzo 2017
- - -
CONCELLO DE DUMBRÍA / ANO 2017
Rúa do Concello S/N, 15151 Dumbría - A Coruña _TEL. 981 744 001 _FAX. 981 744 031_ correo@dumbria.dicoruna.es