TURISMO      Festas
Calendario de festas
Cada parroquia de Dumbría ten unha data adicada ó seu patrón. Pero é durante os meses estivais cando se concentra o maior número de celebracións con esencias distintas: relixiosas, musicais, familiares, gastronómicas...

Festas patronais.
En Dumbría cada parroquia celebra as súas festas patronais que son de carácter relixioso:
Santiago en Berdeogas e Olveiroa, San Pedro en Buxantes, Santa Baia en Dumbría, San Sadurniño en Ézaro, San Martiño en Olveira, e San Mamede de Salgueiros. Tamén hai que destacar pola súa sona as Romerías da Virxe das Neves, a de Santa Lucía e Nosa Señora do Mar.

Festas de interese turístico.


As reunións festivas de maior reclamo son: “Entroido de Dumbría” famoso en toda a comarca polos seus concursos de comparsas e o seu ambiente festivo. A “Festa da Familia”, que rende culto ás celebracións e comidas familiares nunha paraxe incomparable como é a Devesa da Lúa, en Berdeogas. A Festa da Praia, celebrada en Ézaro entre competicións lúdicas e actuacións musicais.
O tempo en Dumbría
17 de abril 2014
- - -
CONCELLO DE DUMBRÍA / ANO 2014
Rúa do Concello S/N, 15151 Dumbría - A Coruña _TEL. 981 744 001 _FAX. 981 744 031_ correo@dumbria.dicoruna.es