A primavera ten sabor a teatro, a títeres, a contacontos, a divertidos obradoiros en Dumbría.

Todos os sábados, desde o 22 de abril ata o 13 de maio, invitámosvos a pasar unhas tardes diferentes e divertidas nas distintas instalacións municipais.
E, para pechar o ciclo, celebrando o día das Letras Galegas, teremos tamén unha cita en Berdeogas.
  • Sábado 22 de abril. 17:30 h. Casa Cultural de OLVEIRA. Obradoiro de marionetas.
  • Sábado 29 de abril. 17:30 h. Edificio Bitácora - O ÉZARO. Toribio de Mañón
  • Sábado 6 de maio. 17:30 h. Instalacións do Conco - DUMBRÍA. Obradoiros de Globoflexia, abalorios,...
  • Sábado 13 de maio. 17:30 h. Casa Cultural de BUXANTES. Fábulas.
  • Mércores 17 de maio. 17:30 h. Casa Cultural de BERDEOGAS. Cocorocó.
Lembrade que a entrada é de balde. Agardámosvos!
O tempo en Dumbría
23 de maio 2017
- - -
CONCELLO DE DUMBRÍA / ANO 2017
Rúa do Concello S/N, 15151 Dumbría - A Coruña _TEL. 981 744 001 _FAX. 981 744 031_ correo@dumbria.dicoruna.es