INSCRICIÓNS:
  • Para participar no programa de andainas debes inscribirte no teu concello.  No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.
  • Poderán participar nenos/as a partir de 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais deberán asinar unha autorización.
  • O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade.


ANDAINAS:
  • 1 abril - Dumbría. Olveiroa, río e pedra (lineal)
  • 8 abril - Cee. Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros (lineal)
  • 22 abril - Ponteceso. Xornes: pazos e río Anllóns (lineal)
  • 6 maio - Camariñas. De costa a costa (lineal)
  • 13 maio - Muxía. Ponte Constante - Caldeiras do Castro (lineal)
  • 20 maio - Corcubión & Fisterra. De faro a faro polo camiño de Santiago (lineal)
  • 3 xuño - Vimianzo. Os muíños de Cambeda (circular)
  • 10 xuño - Mazaricos. Ruta de Pontenova (circular)
DISTANCIAS E HORARIOS:
  • As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros.
  • A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno.
  • As andainas comezarán ás 10:00 a.m. e rematarán entre as 13:00 e as 15:00 p.m. dependendo do traxecto.
BUSES:
Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida da ruta.
O tempo en Dumbría
23 de maio 2017
- - -
CONCELLO DE DUMBRÍA / ANO 2017
Rúa do Concello S/N, 15151 Dumbría - A Coruña _TEL. 981 744 001 _FAX. 981 744 031_ correo@dumbria.dicoruna.es