ANUNCIO DE PUBLICACIÓN DE BASES PARA A CONTRATACIÓN
DO EQUIPO XESTOR DO GDR COSTA DA MORTE


En virtude do acordo da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da
Morte, do día 8 de setembro de 2016, decidiuse abrir o proceso de selección de
persoal para o equipo xestor, de cara ao Programa Leader 2014/2020.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir
do día seguinte á data de publicación do anuncio, segundo o procedemento
establecido nas bases de contratación.

As bases do proceso de selección están a disposición de todas as persoas interesedas
para a súa consulta no Concello de Zas (Praza do Campo s/n 15850 Zas A Coruña),
podéndose tamén descargar na páxina web do GDR www.gdrcostadamorte.com/

O tempo en Dumbría
24 de abril 2017
- - -
CONCELLO DE DUMBRÍA / ANO 2017
Rúa do Concello S/N, 15151 Dumbría - A Coruña _TEL. 981 744 001 _FAX. 981 744 031_ correo@dumbria.dicoruna.es